Federación Galega de Montañismo
ACTIVIDADES DA FGM

Nota do 11/05/2009
Estimados marchadores:
Con motivo da suspensión da III Camiñada Rota dos Carboeiros de Castrelo do Val (que tiña que facerse o 23 de maio) a Federación informa que van incluir nas andainas deste 2009 a MARCHA DE MONTALEGRE (Portugal).
Os interesados en asistir, deberán inscribirse nesta Federación antes do día 27/05/09. O prezo para participar é de 12'50€ para os federados.
Lugar previsto - Google Maps