F.G.
de Montañismo
Benvida
Actividades
Refuxios
Fedérate
Clubes
Sendeirismo
Enlaces

Curso de
Iniciación á Montaña Invernal
 
Lugar: Peña Ubiña ou Trevinca. O lugar de celebración do curso o decidirá o Comité Técnico da EGAM en función da cantidade de neve existente nestes macizos.
Datas: 2-3 de febreiro 2008
Prezo: 40 Euros
Prazas: 20 Persoas
Director: Luis Arocas Fernández  
Destinatarios: Curso dirixido a aqueles deportistas que queren iniciarse con seguridade nas técnicas de progresión na montaña en terreo nevado. Está orientado a aquelas persoas que realizan ascensións estivais e queran continuar facendo a súa actividade cando chega o inverno, en presenza de neve e xeo, con seguridade. Non é un curso para aprender a facer alpinismo técnico, e non se require experiencia en neve.  
Datos da actividade: Información nos clubes federados de Galicia. Datos en PDF
Contidos:
  • Material de Montaña Invernal
  • Manexo do piolet.
  • Autodetención.
  • Técnicas de progresión en neve.
  •     - Ascenso/descenso sen crampóns
  •     - Ascenso/descenso con crampóns
  • Perigos da montaña (en terreo nevado).
  • Técnica de progresión e dinámica dunha ascensión.
  • Manexo ARVA e rescate en avalanchas.
  • Práctica dunha ascensión curta.
 
Outros datos:
  • Profesorado da EGAM con experiencia en actividades deportivas e cursos de deportistas.
  • Relación profesor-alumno 1:6 ou 1:8
  • 20 prazas. Cubríndose por estricta orde de inscrición. En caso de máis solicitudes que prazas, a distribución das mesmas será realizada en función do número de licenzas de cada clube. Número mínimo asistentes 8.
  • 16 horas lectivas.
  • Requisito: licencia federativa nacional do ano en curso (MGD mínimo modalidade B1; SABADELL mínimo modalidade C).
  • Necesario permiso paterno para menores de 18 anos.
  • Recomendable ter saído á montaña máis dunha vez.
  • Material necesario:
    Roupa adecuada
    Material de acampada (ter en conta que se acampa na neve con temperaturas baixo cero).
    Crampóns adaptados á bota.
    Piolet
    Bota ríxida de montaña.
    Casco
    Lentes con filtro apto para a neve. Crema solar factor 15 mínimo.
 
Inscrición: Farase nos clubes que comunicarán seguidamente á FGM. Non será definitiva ata que se faga o pago.
Data inicio: mercores 16 de xaneiro
Data límite: mercores 30 de xaneiro
 


 
Federación Galega de Montañismo

www.fgmontanismo.com

Rúa Fotógrafo Luis Ksado
nº 17 - of. 10
36209 - VIGO

Novos teléfonos:
Telf.: 986 20 87 58
Fax: 986 20 74 07