F.G.
de Montañismo
Benvida
Actividades
Refuxios
Fedérate
Clubes
Sendeirismo
Enlaces

Curso de Alpinismo: Corredores
 
Lugar: Pena Ubiña
Datas: 8-9 de marzo de 2008
Prezo: 125 Euros
Prazas: 8 Persoas
Destinatarios: Dirixido a deportistas que coñezan as técnicas básicas de seguridade en escalada, e con experiencia en montaña nevada, que queiran introducirse con seguridade no mundo do alpinismo invernal técnico.  
Datos da actividade: Información nos clubes federados de Galicia e na Federación Galega de Montañismo de luns a venres de 19:30h ata as 21:30h.  
Contidos:
  • Aseguramento en neve, roca e xeo.
  • Progresión en cordada.
  • Táctica e estratexia do alpinismo técnico.
  • Material para alpinismo técnico.
 
Outros datos:
  • Profesorado da EGAM con experiencia en actividades deportivas e cursos de deportistas.
  • Relación profesor-alumno 1:2 ou 1:3
  • 8 prazas por rigoroso orde de inscrición.
  • Número mínimo de asistentes para realiza-lo curso: 4 persoas.
  • 16 horas lectivas.
  • Requisito: licencia federativa nacional que cubra escalada.
  • Necesario permiso paterno para menores de 18 anos.
  • Necesario nivel deportivo INDISPENSABLE:
  • Domiña-las técnicas básicas de seguridade en escalada: encordamento, aseguramento e rapel.
    Ter asistido ó curso de alpinismo deste ano ou de anos anteriores.
    Ter un nivel mínimo de Vº grao en rocha como primeiro de corda.
  • Material necesario:
    Crampóns, 2 martelos-piolet técnicos (vele cun piolet máis unha maza de rocha).
    Casco, arnés, asegurador, mosquetóns de seguridade (4), aneis de reunión, ...
    Material de vivac: tenda, saco, colchoneta...
    Lentes con filtro apto para a neve, crema solar factor 15 mínimo.
    Corda 9 mm de 60m ou 50m (con menos de 6 anos de antigüidade)
    6 cintas express
    Recoméndase cravos de rocha, fisureiros e friends.
 
Inscrición: Farase nos clubes que comunicarán seguidamente á FGM. Non será definitiva ata que se faga o pago.
Data inicio inscricións: xoves 14 de febreiro.
Data límite: mércores 5 de marzo.
 

 
Federación Galega de Montañismo

www.fgmontanismo.com

Rúa Fotógrafo Luis Ksado
nº 17 - of. 10
36209 - VIGO

Novos teléfonos:
Telf.: 986 20 87 58
Fax: 986 20 74 07