F.G.
de Montañismo
Benvida
Actividades
Refuxios
Fedérate
Clubes
Sendeirismo
Enlaces

Curso de GPS
 
Lugar: Vigo e arredores. Lugar de reunión e clases teóricas no Edificio das Federacións Deportivas na rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Pza. Miñoca - Alcampo Coia)

Visualizar o mapa ampliado

Data: 31 de maio de 2008
 

Prezo: 20 Euros
 

Prazas: 10 Persoas - número mínimo de asistentes para realizar o curso 5 persoas.
 

Destinatarios: Dirixido a deportistas federados na FGM con coñecementos previos de orientación e planimetría que desexen introducirse no coñecemento e manexo do GPS para uso en deportes de montaña.
 
 
Datos da actividade: Información nos clubes federados de Galicia e na Federación Galega de Montañismo de luns a venres de 19:30h ata as 21:30h.
 
 
Material:
  • A organización subministrará os GPS para o curso.
  • Cada participante disporá dun GPS.
  • Os modelos son Garmin eTrex
 
Contidos:
  • Manexo básico de GPS
  • Configuración dos aparellos
  • Utilización con planos 1:25.000
  • Toma de referencias
  • Descarga de datos en ordenador PC
  • Software para rutas
  • Planificación de rutas no ordenador
  • Práctica sobre o terreo do aprendido
 
Requisitos:
  • Estar en posesión da licenza federativa do ano en curso.

  • Ter máis de 16 anos.

  • Ter coñecementos afianzados de orientación e planimetría. Aqueles que non posúan estes coñecementos non poderán tirar partido do curso. Os monitores non farán explicacións básicas de orientación en consideración con ningún alumno, xa que se supoñen coñecementos asentados a tódolos participantes. (é recomendable ter realizado antes o curso de iniciación ás técnicas avanzadas de montañismo ou o curso de orientación en montaña).

 

 
Inscrición: Farase nos clubs. Non será definitiva ata que se faga o pago. En caso de máis solicitudes que prazas, a distribución das mesmas será realizada en función do número de licenzas de cada clube.
Data inicio inscricións: xoves 8 de maio.
Data límite: martes 27 de maio de 2008.
 
 
Información en PDF
 
Prema aquí para máis información en PDF  
Folla de inscrición Prema aquí para obter a folla de inscrición. Lembre asinar e remitir copia do seu DNI. Vostede coa inscrición dá autorización para utilizar os seus datos persoais para os fines deportivos dos cursos.  
 
Federación Galega de Montañismo

www.fgmontanismo.com

Rúa Fotógrafo Luis Ksado
nº 17 - of. 10
36209 - VIGO

Novos teléfonos:
Telf.: 986 20 87 58
Fax: 986 20 74 07