F.G.
de Montañismo
Benvida
Actividades
Refuxios
Fedérate
Clubes
Sendeirismo
Enlaces

Saída Internacional

XIII CAMPAMENTO DE ALTA MONTAÑA “ALTO ATLAS MARROQUI”.

SUSPENDIDO POR FALTA DE PARTICIPANTES

Lugar: Atlas - Marrocos
Datas: do 14 ata o 23 de marzo do 2008
Prezo: 300 €
Prazas: 40 (LIMITADAS)
Destinatarios: Actividade para federados.  
Máis información sobre: Atlas  >>  Wikipedia
Jbel Toubkal (4165 m.) >> Wikipedia
 
Inscrición: Nos clubes segundo as normas indicadas na circular de 8/02/2008  
 

Estimados amigos:

Un ano máis, entre os días 14 a 23 de marzo de 2008, terá lugar o XIII CAMPAMENTO DE ALTA MONTAÑAALTO ATLAS MARROQUI”. O obxectivo da presente carta é facervos participes dos principais aspectos organizativos da saída.

O Prezo da actividade é de 300 Euros que inclúen os transportes e durmidas en albergues, e dicir o Bus Vigo-Imlil, o Ferry de Alxeciras a Tánxer, as mulas de pórteo na subida a montaña, e os albergues de Rabat e Marrakech.

Como ven facéndose dende as primeiras edicións desta actividade, o número de prazas ofertado será de 40, a repartir entre montañeiros federados galegos. O criterio do reparto é sempre porcentual ó número de Licenzas Deportivas expedidas polos clubes o ano pasado.

Dende hoxe ata o vindeiro día 27 de febreiro, os pre-inscritos deberán abonar na conta da F.G.M., como reserva de praza a cantidade de 200 Euros.

O prazo de inscrición rematará ó vindeiro día 4 de marzo de 2008, despois de esta data, si os clubes non tiveran cubertas as súas prazas asignadas, farase un novo reparto entre ó resto das entidades, teñan ou non prazas adxudicadas ata completar a totalidade do bus antes do 7 de marzo.

Cada clube fará una lista con inscritos, tanto coas persoas que teñan praza asignada e confirmada, como daquelas que figuren na lista de espera.

Itinerario: Vigo-Porto-Lisboa-Huelva-Alxeciras-Tánxer-Kenitra-Rabat-Casabranca-Marrakech-Asni-Imlil.

Ascensións previstas: Ras Ouanoukrin Norte (4083 m.), Ras Ouanoukrin Sur (4079 m), Timesguida (4089 m.) e Jbel Toubkal (4165 m.).

Data: Saída de Vigo o día 14 de marzo ás 21 h. Dende o local da F.G.M. e volta o día 23 de marzo sobre as 18 h.

Documentación: Pasaporte e Licenza Internacional (é necesario permiso do pai ou titor para os menores de 18 anos). Boletín de desprazamento da tarxeta da Seguridade Social ós afiliados a esta.

Equipaxe: Na parte superior do bus deberá levarse unha bolsa de viaxe con documentación, roupa e comida, saco e esteira. Nos maleteiros da parte baixa irá o resto do material, é dicir, mochilas, tendas, piolets, crampóns e bastón (estes tres últimos irán aparte para poder ordenar as mochilas e demais material sen perigo de que poidan ter danos na súa estiba).

A Federación Galega de montañismo reservase o dereito de modificar horarios, durmidas ou actividades programadas de antemán, se as circunstancias así o requiren.


 
Federación Galega de Montañismo

www.fgmontanismo.com

Rúa Fotógrafo Luis Ksado
nº 17 - of. 10
36209 - VIGO

Novos teléfonos:
Telf.: 986 20 87 58
Fax: 986 20 74 07
Actualizada o día 10/03/2008