Descenso de Barrancos FGM
Serra de Freita - Portugal
24 de maio de 2009
O domingo 24 de maio foi a data elixida para a realización do descenso do río Ribeiro de Pena Amarela (tramo 1), se ben o día anterior algúns barranquistas descenderon o Castiñeira.
O Clube de Montaña Xistra, organizador da actividade federativa, recibiu ós participantes no camping de Freita en Merujal, unha pequena aldea do Concello de Arouca, en Portugal.
O tempo non acompañou a actividade, xa que houbo xaraiba e tormenta, pero o caudal non sufriu modificacións apreciables.

Actividade federativa de descenso de barrancos.
Data/s: 24/05/2009
Lugar: Serra da Freita - Frecha da Mizarela (Portugal)
(A organización resérvase o dereito de modificar a data e lugar en función da climatoloxía e condicións do río).
Prazo inscrición: As inscricións efectuaranse antes do 21 de maio (máis información nos clubes e no regulamento da actividade)
Prezo inscrición: 30€ (inclúe durmida en liteira, cea, almorzo e xantar)
Información e regulamento da actividade (circular 1)
Máis información estadía e prezos (circular 2)
Folla de inscrición obrigatoria.
Lugar previsto - Google Maps