Campionato Galego de Carreiras por Montaña 2008



 

O día 19 de outubro de 2008 celebrouse a II Carreira por Montaña Canón do Sil - Campionato Galego de Carreiras por Montaña 2008, en Parada de Sil (Ourense), organizado polo Clube de Montaña Ribeira Sacra.

 

Nesta dura proba estaban inscritos 174 corredores e corredoras de Galicia, Asturias, León e Madrid, pero só 122 completaron a proba (113 homes e 9 mulleres).

 

A carreira de 33,5 Km e 2.050 metros de desnivel positivo, por terreo de dificultade media, foi gañada por dous asturianos que entraron xuntos en meta cun tempo de 3h 20´17”, sendo o terceiro clasificado o galego Fernando Arca que chegou a 3 minutos.

 

Destacar o bo nivel da proba que contou coa participación do montañeiro leonés Salvador Calvo (cuarto clasificado), moi coñecido neste mundiño por ser gañador de multitude de carreiras de ultrafondo.


Os participantes levaban chip (ChampionChip), o que facilitou o control de tempos. A proba estaba regulada polo “Reglamento FEDME de Carreras por Montaña” e foi controlada por tres árbitros FEDME.

 

Para o 2009, na FGM temos a intención de formar un equipo, a Selección Galega de Carreiras por Montaña, para participar nas probas oficiais da FEDME, a nivel estatal.

 

 


 

CLASIFICACIÓNS