EGAM - FGM

 

ACTIVIDADES DA EGAM


24-25/04/2010

 



Curso dirixido a xoves de clubs de montaña que queiran iniciarse e perfeccionar as técnicas de progresión, seguridade e orientación en montaña.


Data/s:  24-25/04/2010

Lugar:    Galiñeiro

Prazo inscrición: As inscricións efectuaranse ata o 21 de abril. Información nos clubes.

 

Prezo 20€ (fianza)

A cota do curso reintegrarase ó alumno se fai o curso completo.


Información da actividade

Folla de inscrición obrigatoria.

 

Director: Katya Sanz Ochoa

Prezo: Gratis - Fianza 20

Prazas: 16 (limitadas e de adxudicación controlada)

Contidos:

- Tipoloxía e características das actividades de montaña. Sendeirismo, trekking, montañismo, alpinismo….

- Equipo e material.

- Perigos obxectivos e subxectivos das actividades en montaña.

- Conceptos básicos sobre alimentación, acondicionamento físico, meteoroloxía e primeiros auxilios (protocolos de actuación no caso de accidente).

- Técnicas de progresión en montaña.

- Nocións básicas de escalada e técnicas de descenso.

- Técnicas básicas de orientación e cartografía.

- Realización de itinerarios sinxelos en montaña.

Programa: dispoñible nos clubs.

Profesorado: membros da EGAM. A relación profesor alumno sera 1:8

Horas lectivas: 16h

Requisitos:

    - licenza correspondente á actividade

    - pertencer a un club galego da FGM

    - permiso paterno

    - ter entre 12 e 15 anos

Material:

    - Equipo de montaña mínimo (ademais do equipo persoal é necesario levar comida para os dous días, cocinilla e tenda de campaña*). *Organizaranse grupos unha vez que se coñezan os participantes.

 

Máis datos nos clubes de montaña galegos