| F.G. |
de Montañismo | |||||||||||||||||||||
| Benvida Actividades Refuxios Fedérate Clubes Sendeirismo Enlaces |
X DESCENSO
DE BARRANCOS
Datos previos
Memoria O domingo 20 de xuño foi a data elixida para a realización deste descenso. O clube organizador recibiu ós participantes na praza do Concello do Rosal. Seguindo os sinais colocados na estrada, e pasado o Río da Cal, chegamos a uns invernadoiros que Felipe Cameselle cedeu para utilizar como zona de durmida. Así, o resto do día foi de actividade turística, rematando nunha cea de confraternidade entre os asistentes na veciña poboación da Guarda. O domingo pola mañá, sobre ás 9:30 horas iniciamos o ascenso camiñando e o material de descenso foi levado cun todoterreo ata o lugar de inicio. O descenso foi interesante e con bastantes saltos e dous grandes rápeles. O tempo acompañou inda que as veces a falta de sol fíxose un pouco molesta. A xornada rematou cunha comida de confraternidade entre os barranquistas e os acompañantes. Nesta actividade participaron 12 barranquistas. Fotos
|
|||||||||||||||||||||
|
Federación Galega de Montañismo
www.fgmontanismo.com Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 - of. 10 36209 - VIGO Novos teléfonos: Telf.: 986 20 87 58 Fax: 986 20 74 07 |
||||||||||||||||||||||
|
|